Sobre Xacobea

Unha guía independente do Camiño de Santiago feita en Galicia, con datos que se comproban e un só obxectivo: que chegues a Santiago sen sorpresas.

Que é

Xacobea é unha guía por etapas do Camiño de Santiago feita desde Galicia. Reúne nunha soa páxina o que normalmente hai que buscar en cinco: perfil, distancias, servizos de cada vila e onde durmir con prezos datados. E se prefires non organizar nada, poñémoste en contacto cunha axencia especializada.

Como se financia

Con fichas destacadas que pagan os aloxamentos, cos Camiños organizados que se reservan a través de Xacobea, e con ligazóns de afiliación sinaladas como tales. Ningunha destas fontes cambia a orde dos datos.

Independencia

Xacobea non ten relación coa Xunta de Galicia nin coa marca Xacobeo. «Xacobea» é o adxectivo galego que significa «relativo a Santiago».